Manuel Pérez, alcalde de Vigo, o presidente da Autoridade Portuaria, Juan Corral e mailo Delegado do estado para a Zona Franca, Pablo Eguerique, teñen previsto celebrar esta semana unha xuntanza para tentar desbloquear o proxecto de remodelación do Areal.
O acordo definitivo para desbloquear este proxecto, inclúe a
construción dun novo vial que enlace a zona litoral coa
autoestrada a traves do túnel do nudo de Isaac Peral.
Pérez, Corral e Egerique, tentarán chegar a un acordo que
permita iniciar os tramites para a licitación deste proxecto e
tamén das obras.
A intención dos responsables destas obras e licitalas antes do
remate do ano. Os cartos para efectuar as mesmas son a cargo da Zona Franca.
O proxecto do Areal, conta tamén con outro afectado como é a
empresa ferroviaria. Por elo, está previsto que un dos seus
representantes acuda a esta xustanza. No proxecto tan só
comtemplase un acceso á terminal ferroviaria de mercadorias pola
entrada principal do porto e pola actual de Isaac Peral, mentres
que Renfe quedaría privada dos accesos que na actualidade
utilizan os camiós pola rúa do Areal.