Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
A Polo Ghit 2010

Semana a ritmo de Quimbumbia

Nesta primeira quenda de votacións, os Ulträqäns foron os favoritos dos internautas. Os marcadores volven agora a cero. Esperamos novos votos!

Redacción - 11:05 31/05/2010

"Xogar a quimbumbia, xogar a billarda". O retrouso dos Ulträqäns triunfou nesta primeira oportunidade para os seareiros de A Polo Ghit de votardes as vosas pezas favoritas. A retranca e irreverencia punk posta ao servizo da LNB. Un éxito que coincidiu no tempo coa Gran Muiñada 2010 dos play offs nacionais de Conxo (seguimento na bitácora O Varal), que desta volta tivo banda sonora con selección de ghits desta e das edicións anteriores do certame musical.

Ulträqäns son: Antón Díaz, Baixo Fretless, Contrabaixo electroacústico e voz; Francisco Amil, Batería, programacións e voz; Tomás Saiz, Acordeón, piano e coros; Tino Vilaró, Guitarra eléctrica e coros; Aarón Bouzón, Frauta traveseira, Whistles, Gaita, EWI 4000s, theremin e coros.

O primeiro top 5 saído das votacións é o seguinte:

1.A Quimbumbia, dos Ulträqäns
2.A Marajota, de O tren da unha show
3.Viaxe a Urano, de Pito de Pikasso
4.Dá Tanto, de Nºlºs
5.Máis Non, de Paris Joel

Xinzo, Mugardos, O Bierzo ou Narahío serán algunhas das oportunidades onde ver en directo os Ulträqäns nas próximas semanas. Pito de Pikasso teñen datas pechadas en Compostela, Moraña ou Ribeira e Paris Joel tocará en Sada varias veces entrando o verán. Nas webs dos grupos poden consultar a última hora das súas actuacións.

E seguimos agardando pezas. Velaquí as bases de A Polo Ghit 2010. Agora, o marcador de votos volve poñerse a cero. Podedes votar xa as vosas preferencias na procura do que será o primeiro ghit do mes de xuño.


5/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: