Taru e os Paxaros Coiro presenta unha versión moi apta para o verán do inmortal poema de Rosalía.
Taru
O grupo, que se presenta como "puro reggae da Galiza para toda a xente do mundo", amosa unha nova perspectiva do poema Negra Sombra de Rosalía de Castro, cun enfoque musical intimista, aínda que menos triste cás versións anteriores, xa coñecidas. Cantada en clave de reggae, pero esta vez cun toque nuroots, que fai que se converta nunha canción chea de profundidade en canto a sentimentos e lirica, enmarcada entre os ritmos caribeños xamaicanos e os ritmos propios do folclore galego.