Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A CRISE: CAUSAS, SOLUCIÓNS E FUTURO

Iolanda Díaz: 'O futuro está na esquerda nacional de Galiza'

"Ou converxemos e temos a intelixencia de unírmonos nas cuestións claves, malia as nosas diferencias, ou do contrario, a saída virá dada pola dereita"

Redacción - 11:00 26/05/2010

IOLANDA DIAZ é coordinadora nacional de Esquerda Unida dende 2005. Licenciada en Dereito, foi candidata á Xunta de Galiza por EU en 2005, cando acadou o 0,8% dos votos.

a) Por que temos a actual situación de crise?
Esta crise é sistémica: o propio sistema é o causante. É un sistema depredador: ataca as nosas posibilidades de desenvolvernos como seres humanos. Por vez primeira vez, ademais, conflúen a crise financeira, coa enerxética coa alimentaria.

b) Cales poden ser as solucións?
A solución obviamente é o socialismo. A esquerda europea está debilitada e temos que levar adiante un proceso de converxencia, no que xa estamos traballando. Hai que construír unha alternativa, dende o progresismo e o pluralismo, e atacar o modelo dende a propia base. Mentres, hai que dar decididos pasos adiante: unha reforma fiscal xusta e progresiva, mudar o modelo social avanzando en dereitos e mudar a un modelo económico sostíbel (non como actualmente fai Feijoo, por exemplo, con decisións como a Sogama do Sur ou en materia acuícola).

c) Cal cre que será o futuro?
O futuro está na esquerda nacional de Galiza. Ou converxemos e temos a intelixencia de unírmonos nas cuestións claves, malia as nosas diferencias, ou do contrario, a saída virá dadá pola dereita. É por iso que temos que ser xenerosos e intelixentes e traballar en común.


3,41/5 (17 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: