Esta fin de semana A Coruña acollerá o torneo, no que participan os equipos de Gran Bretaña, Portugal, Euskadi, Cataluña e Galiza.
Galiza, Eskadi, Gran Bretaña, Cataluña e Portugal. As cinco seleccións de balonmán feminino tomarán parte esta fin de semana na terceira edición do Memorial Tito Villar. Este torneo homenaxea dende hai tres anos a figura de Tito Villar Pispieiro, un home moi ligado ao balonmán feminino e á Cidade da Coruña, que lle recoñece a súa adicación ao deporte durante máis de 40 anos.
Desputarae a partir do venres 21 e até o domingo 23 de maio no pavillón coruñés Francisco Javier. O Memorial está organizado conxuntamente pola Federación Galega de Balonmán e o Club Balonmán Coruña, e conta coa colaboración das concellarías de Deportes, Igualdade e Turismo, así como a Deputación da Coruña, a Secretaría Xeral para o Deporte, Deporte Galego, Deportegal e Mudega. Agárdase un torneo moi competido, polo alto nivel de todos os equipos participantes.