Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Romaría 'Popular'

O PP organiza unha "Festa da Lingua" e di que PSdeG e BNG pretenden "unha ditadura lingüística"

O secretario xeral do PPdeG, Afonso Rueda, di que "se os grandes galeguistas puidesen elixir unha forma de impulsar o galego" escollerían a do PP.

Redacción - 09:30 16/05/2010

Socialistas e nacionalistas han saír á rúa o luns "para clamar por unha ditadura que se baseaba en que os políticos decidisen en que lingua se tiñan que expresar os cidadáns". É a opinión expresada este sábado polo secretario xeral do PPdeG.

Rueda compareceu para falar da chamada "Festa da Lingua", que Novas Xeracións organiza esta fin de semana e comentou que as mocidades do seu partido responden "con actos positivos coma a aqueles que levan a lingua ao campo de batalla". Dixo ademais o secretario xeral dos populares que o PSOE "segue sen darse conta de que o seu entreguismo ao BNG foi o que provocou que os galegos os devolvesen á oposición, malia que algún dirixentes do PSOE xa lles alertaron dos riscos de camiñar da man do BNG coa lingua".

Doutra banda, asegurou Afonso Rueda que "se os grandes galeguistas puidesen elixir unha forma de impulsar o galego", esta sería "máis semellante" á utilizada polo PP e Novas Xeracións "que á que están a empregar o PSOE e o BNG".


1,06/5 (17 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: