Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Instrumento para o control da legalidade

A CIG arreponse contra o desmantelamento da Axencia de Protección Urbanística

Denuncian o control político da consellaría do Territorio, que pretendería "baleirar de contido" a función inspectora deste organismo.

Redacción - 10:35 12/05/2010

O futuro da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) foi xa obxecto de rifa política no Parlamento hai semanas. Socialistas e nacionalistas coincidiron desde as bancadas da oposición en acusar a Xunta de "desmontar" a APLU co obxectivo de facilitar o relaxamento da vixilancia urbanística no país. PSdeG e BNG chamaron a atención entre outros asuntos, sobre o cesamento do anterior director e a mudanza dos estatutos. Unha paradoxal decisión toda vez que esta persoa fora quen pilotara a investigación sobre irregularidades urbanísticas como as acontecidas no Concello de Barreiros.

Ao fío das mesmas denuncias, desde a CIG-Autonómica achegan un exemplo práctico do que consideran que é a pretensión do Goberno de "baleirar de contido" a APLU. Nese sentido, cualifican de especialmente "graves" os atrasos nos procesos selectivos para inspectores e subinspectores urbanísticos. Considera a CIG que se trata dun chanzo máis no "desmantelamento progresivo" da APLU. "Esta é un dos poucos entes autonómicos que conta unicamente con empregados públicos da Xunta, un dos poucos que non pode merecer a cualificación de chiringuito, pois non ten potestade para contratar persoal propio", explican a maiores os representantes sindicais.

De xeito concreto, advirten de que a Xunta retira agora varias das prazas ofertadas, alegando desde a Consellarían de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas que "van ser obxecto dun cambio substancial". Un cambio que, láianse os representantes dos traballadores, significa o baleirado de contido da función inspectora destes postos, pasando a clasificalos como "arquitectos técnicos de funcións facultativas".


4,2/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: