Sete lóstregos musicais anuncian trebón de ghits para este verán. Xa dispoñíbel, a web oficial A Polo Ghit 2010.
Ghits temos a cachón! Talento creativo asolagándonos os oídos en fervenza de notas. Xa vos fomos adianto dos primeiros. Os estradenses Esquíos, coa peza 'Berto Habichuelo', foron os máis madrugadores candidatos a ghit. Chegaron a continuación, desde as mariñas coruñesas, o cantautor Paris Joel, coa composición 'Máis non'. E de ben perto axitaron os nosos oídos ao ritmo de 'A voda de Feijoo': eran Los Santos. De seguido, chegou a 'Quimbumbia' dos Ulträqäns; E este mesmo martes achegámosvos o 'Coruña, rabuña', de Amilenko.
Velaquí as dúas últimas incorporacións: 'A marajota', de O tren da unha show e 'Dá tanto', de NºLºS.
Son os primeiros. Pero estamos seguros de que haberá un golpe deles máis. Agardamos polas vosas pezas na caixa de correo apologhit@vieiros.com para refrescar as primeiras calores da primavera musical.
Escóitaos todos na web A Polo Ghit 2010.