Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Barcelona

Edición xestionada por Xabier Paradelo
RSS de Barcelona
UB, 13 DE MAIO, LETRAS GALEGAS

Novoneyra, a distancia do lobo

A Sección de Galego e Portugués da Universidade de Barcelona organiza unha serie de actividades arredor de Uxío Novoneyra, poeta homenaxeado no Día das Letras Galegas 2010.

Redacción Barcelona - 21:00 10/05/2010

O vindeiro 13 de maio desenvolverase a conferencia “Novoneyra, a distancia do lobo”, a cargo do escritor e xornalista Antón Lopo, que vén de publicar Distancia do lobo. Unha biografía de Uxío Novoneyra (2010). O acto terá lugar na aula 113 do Edifici Històric da Facultat de Filologia da UB.

Asemade, dende o 10 ao 21 de maio de 2010 expoñerase nas vitrinas da Biblioteca General da Facultat de Filologia da UB unha mostra bibliográfica arredor da figura de Uxío Novoneyra, que leva por título “Uxío Novoneyra e a poesía experimental en Galicia”.

Para máis información consultar a web de Filoloxía Galega.

Actividades - Día das Letras Galegas

Xoves 13 de maio de 2010 ás 19:30 (Aula 113)
Conferencia do escritor Antón Lopo "Novoneyra, a distancia do lobo"  

Do 10 ao 21 de maio de 2010 (Vitrinas da Biblioteca General)
Exposición bibliográfica "Uxío Novoneyra e a poesía experimental en Galicia"


4,43/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: