"O concurso vai ser a ostia este ano!". Con contundente prognóstico nos achegan o seu ghit desde as Mariñas coruñesas. Son
Los Santos, e ameazan presentarse, dacabalo do Santosmóbil (na imaxe a pé destas liñas) para montar canfurnada roqueira na voda de Alberto Núñez Feijoo. "Pretendemos que o presidente da Xunta nos invite á súa voda", insisten, "e gañar o Apologhit deste ano, por suposto".
Roxen as gorxas, lostregan os instrumentos: son Billy Joe (baixo), Cucaracha (gorxa e guitarra) e Bule Bule (batería).A letra e a música é de Los Santos (Cucaracha, Bule Bule e Billy Joe) e está gravada nos Estudos Treboada da Coruña. A mestura é de Paco Liaño.
Velaí a letra:
Anda namorado e váisenos casar,
o noso presidente do Partido Popular.
Ela eche ben feitiña, unha moza singular.
Alberto si te casas, leva aos Santos a tocar.
Hei Hei Chini, levas unha xoia!
Os seus amigos de partido, unha festa van facer;
despedida de solteiro para o voceiro do PP.
Fraga dille sempre que non use condón,
Aznar xa está borracho e baila con Rajoy.
Hei Hei Chini, levas unha xoia!
Hei Hei Chini, levas unha xoia!