Editoriais, ilustradores e colectivos teñen presenza no salón, onde tamén participan nunha exposición colectiva sobre o Camiño.
No salón pódense ver peculiares personaxes
Galiza está representada no Ficomic, salón internacional de banda deseñada de Barcelona, a través de catro postos, dous deles da Consellaría de Cultura. A feira, que arrancou o xoves e durará até o domingo, conta coa presenza de autores e editoriais especializadas do país.
Por unha banda, exhíbese a exposición Un Camiño de Viñetas, onde diversos autores amosan a súa visión do Camiño de Santiago mediante ilustracións: Carlos Arrojo, Diego Blanco e Kike Benloch, Cosme, Manel Cráneo, José Domingo, Jacobo Fernández Serrano, Alberto Guitián, Jano e Rodrigo Costa, Miguel Robledo, Brais Rodríguez, Martín Romero, David Rubín, Kiko da Silva, Iván Suárez e Alberto Vázquez. Asemade, amósase o cartel ilustrativo da mostra creado por Emma Ríos.
Programación da fin de semana
O sábado, Brais Rodríguez, Víctor Rivas, José Domingo e Kiko da Silva participan nunha sesión de sinatura de exemplares, mentres que David Rubín farao o domingo.
As editoriais presentes no Saló son Difusora, Faktoría K, Lea/Embora, El Patito Editorial, Retranca Editora, Toxosoutos, Xerais, Do Cumio, Urco Editora e Demo Editorial, ademais dos colectivos BD Banda, Cerditos de Guinea Cómics, Fuck Cómics, Mariano Casas, Polaqia e Sinónimos de Lucro.