A Axencia Tributaria investiga unha nova conta do PP aberta nunha oficina de Caixa Galicia en Compostela.
A Axencia Tributaria está intentando saber se nunha conta que figura a nome do PP en Compostela está despositado diñeiro negro. Así llo comunicou este organismo oficial ao xulgado que investiga o Caso Gúrtel, segundo desvela La Voz de Galicia na edición deste martes. Os cartos están gardados nunha céntrica oficina que Caixa Galicia ten na capital do país. Agora, os inspectores tratan de demostrar a existencia de fondos irregulares (como no caso da conta de Pontevedra).