Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
MÚSICA TRADICIONAL NOS MEDIOS PÚBLICOS

“Un ataque máis aos nosos sinais de identidade”, acusa o BNG

Os nacionalistas presentan unha iniciativa exixindo explicacións ao Goberno pola progresiva marxinación da música tradicional na CRTVG.

Redacción - 12:15 30/04/2010

Despois da protesta emitida pola Asociación de Gaiteiros Galegos (AGG), o BNG presentou unha iniciativa na que pide explicacións á Xunta polo abandono progresivo da música tradicional galega na programación dos medios públicos. Ana Pontón criticou a mudanza de horario do programa da Televisión de Galiza (TVG) “Alalá”, así como o anterior troco de emisora do programa da Radio Galega “Lume na Palleira.

Os nacionalistas entenden que “se trata dun ataque máis do Goberno do PP os nosos sinais de identidade, relegando cada vez máis a cultura e os creadores e creadoras galegas na programación da CRTVG”. Ademais, convidan á dirección do ente público a “mudar de actitude”, xa que defenden que “só cun compromiso dos medios públicos a nosa música pode ter o lugar que lle corresponde”.


5/5 (9 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: