Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
INTERNET E MEDIO AMBIENTE

A rede rebélase contra a mina de andalucita nas Fragas do Eume

Unha campaña de recollida de sinaturas impulsada en internet xa suma máis de 1.300 apoios en contra do proxecto.

Redacción - 10:00 27/04/2010
Corredoira nas Fragas do Eume

Corredoira nas Fragas do Eume

A decisión da Xunta de dar o visto bo á Declaración de Impacto Ambiental (DIA) para a mina de andalucita na parroquia de Goente (As Pontes), nas proximidades das Fragas do Eume, xa tivo a súa resposta social.

Desta vez, a oposición ao proxecto artellouse rapidamente en internet, aproveitando a inmediatez e os contactos que ofrecen as redes sociais. Un grupo de facebook (NON á mina de andalucita nas Fragas do Eume) xa suma máis de 13 mil seareiros, que se están a organizar para demostrar a oposición social que xera un proxecto que suporía un grave prexuízo para o medio ambiente, na opinión de ecoloxistas e veciños.

Neste contexto, os membros deste grupo animan á cidadanía a enviar unha queixa á Unión Europea e ofrecen a ligazón correspondente. Asemade, xa xuntaron un total de 1.300 sinaturas en contra da explotación deste mineral nas proximidades das Fragas, consideradas Lugar de Interese Comunitario (LIC).

  • Podes asinar aquí para que sexa retirado o proxecto da mina de andalucita.


5/5 (12 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: