Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Trama Gürtel

Crespo poderá saír do cárcere se aboa fianza de 1,2 millóns

O xuíz fixa a fianza que posibilitaría a saída da prisión do número dous da rede de corrupción do PP e ex secretario de organización do PPdeG.

Redacción - 13:30 22/04/2010

Detido en febreiro de 2009, a Pablo Crespo, ex secretario de Organización do PPdeG, consideráselle á luz da investigación xudicial, o número dous do maior caso de corrupción política a nivel estatal das últimas décadas, polo seu papel como lugartenente de Francisco Correa.

No cárcere madrileño de Soto del Real desde aqueles días, Crespo terá agora a oportunidade de saír de prisión se pon enriba da mesa 1,2 millóns de euros, co cal só tería que pasar polo tribunal a asinar os luns e venres de cada semana. Así o decidiu o xuíz do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid encargado da instrución do caso Gürtel, o maxistrado Antonio Pedreira.


4/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: