A Comisión de Recuperación da Memoria Histórica da Coruña presentou unha listaxe cos nomes e apelidos dos represaliados da comarca.
Mentres no Estado Español se polariza o debate sobre se a xustiza debe investigar os crimes contra a humanidade da ditadura franquista ou seguir mirando para outro lado, na Coruña, a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica (CRMH) opta por botar luz na escuridade. Un exemplo produciuse este mesmo martes. O presidente da CRMH, Manuel Monge, deu a coñecer un listado de 600 persoas (573 con nomes e apelidos e 28 que continúan no anonimato) que foron asasinadas ou “feitas desaparecer” durante o alzamento fascista de 1936 na bisbarra coruñesa.
“Aquí non houbo Guerra Civil, houbo un xenocidio perfectamente planificado”, aseverou Monge. Mais a listaxe, como recoñecen dende a mesma asociación, é “incompleta” e para rematala demandan a colaboración cidadán para que ningún nome quede no olvido.
Consulta a listaxe de represaliados na páxina da CRMH