O seu secretario xeral, 'Pachi' Vázquez, sostén que a participación dos residentes ausentes “forma parte da historia de Galiza”.
Os socialistas galegos avisaron hoxe de que non verían con bos ollos unha reforma electoral que lle impedise votar nas eleccións autonómicas aos emigrantes. O seu secretario xeral, 'Pachi' Vázquez, sinalou que o sufraxio da diáspora “forma parte da historia de Galiza”. O PSdeG pronúnciase logo de que hai semanas trascendese á opinión pública as negociacións entre diferentes forzas con presenza no Congreso que estarían dispostas a suprimir o voto emigrante en comicios municipais e autonómicos.
Aínda que Vázquez defendeu abertamente o dereito ao voto nas eleccións autonómicas, foi moito máis cauto á hora de falar das locais e recoñeceu que era un sufraxio que “está moi cuestionado”. Para os socialistas a mellor maneira de rematar coa polémica que rodea o voto do exterior é establecer “máximas garantías” e potenciar o voto en urna.
Dende o PSdeG defenden que, independentemente do que decida a subcomisión do Congreso que estuda a reforma electoral, o Parlamento de Galiza e os partidos galegos deber ter “un posicionamento propio”.