Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O PSdeG ACUSA AO ALTO CARGO DA XUNTA

O TSXG admite a trámite a denuncia contra Agustín Hernández por falsidade documental

A xustiza abre dilixencias para ver se o conselleiro falsificou un certificado dunha obra cando traballaba na Deputación de Pontevedra.

Redacción - 19:37 15/04/2010

O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) admitiu a trámite unha querela presentada polo PSdeG contra o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, por un suposto delito de falsidade documental e fraude na certificación dunha obra cando traballaba para a Deputación de Pontevedra. Agora un xuíz deberá facer as dilixencias para comprobar se se cometeu algún delito, tal e como sosteñen os socialistas.

En maio de 2009 o PSdeG presentou a denuncia nun xulgado de Pontevedra pero este decidiu inhibirse debido a que Hernández é membro do Parlamento e trasladoulle a decisión ao TSXG. Os socialistas sosteñen que o conselleiro, daquela responsábel técnico de infraestruturas da Deputación de Pontevedra certificoulle a unha empresa para a que traballara unha estrada en Salvaterra de Miño que aínda estaba comezando a construirse.


4,75/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: