Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Estede as críticas a el-Rei

Pujol acusa o goberno español de presionar deportistas para que agochen a súa orixe

O ex presidente da Generalitat asegura que deportistas de elite e coñecidos persoeiros teñen sido instandos a "disimular" a súa identidade catalá.

Redacción - 09:00 15/04/2010

"Non sempre é doado facer esa presentación de catalanidade", reflexionaba este mércores Jordi Pujol, ex presidente da Generalitat, durante unha conversa co prestixioso cociñeiro Ferrán Adriá baixo o tema "creatividade e proxección internacional" organizada polo propio Centre d’Estudis Jordi Pujol.

Revelou o ex presidente de Cataluña que cidadáns daquel país que acadaron prestixio internacional en diversas áreas son ás veces vítima de "presións" para non expresar en público a súa orixe catalá diante do mundo. Censurou Pujol que esa presión é exercida por institucións como o goberno español e a Casa Real española. "En máis dunha ocasión, e non direi nomes, sobre todo no mundo do deporte, díxose claramente: 'oia, se vostede fai moitas demostracións de catalanidade esa bolsa que ten ou ese patrocinio váiselle retirar", reprochou.

Para ampliar:


5/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: