Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Elixida pola Axencia Espacial Europea

A Universidade de Vigo coordinará unha rede mundial de nanosatélites

A institución viguesa intégrase así nun proxecto con beizón da ONU con aplicacións no control do cambio climático, telemedicina ou ensino.

Redacción - 09:00 17/03/2010
Fernando Aguado, profesor da UVIGO e coordinador do proxecto

Fernando Aguado, profesor da UVIGO e coordinador do proxecto

Trátase dunha iniciativa para a creación dunha rede de 18 nanosatélites que artellarán un sistema a orbitar sobre o planeta a unha altura de até 600 quilómetros. É o proxecto Geocid, achega concreta da Axencia Espacial Europea ao chamado programa Humsat, e que coordinará a nivel internacional a Universidade de Vigo. Aprobado pola ONU, participan tamén universidades estadounidenses e mexicanas, e está especialmente pensado para a colaboración con países en desenvolvemento.

Unha das súas claves é o baixo custe, coa intención de favorecer que estados con menos recursos económicos neste ámbito poidan acceder ás vantaxes da tecnoloxía espacial. De feito, responsábeis da Universidade de Vigo viaxarán proximamente a París para a concreción do proxecto diante dos membros da Unesco. Oito grupos de investigación e dúas ducias de profesores universitarios terán que implicarse directamente na iniciativa a nivel europeo, nun proxecto que estimulará aplicacións concretas de xeito especial no ámbito do control do cambio climático, a educación e a medicina.

Poden ampliar na web do Diario da Universidade de Vigo (DUVI).


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: