Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Segundo a Asociación de Internautas

Unha sentenza "legaliza" as redes P2P no Estado Español

Un xuíz de Barcelona desestimou unha demanda presentada pola SGAE contra "El rincón de Jesús" ao considerar que o sitio non vulnera a lei.

Redacción - 13:39 14/03/2010
Tags: P2P sentenza

Un xuíz de Barcelona, Raúl García Orejudo, titular do xulgado número 7 do Mercantil, desestimou unha demanda da SGAE que pretendía pechar a web de ligazóns P2P El rincón de Jesús. A sentenza considera que a páxina só ofrecía a posibilidade de descarga a través da rede e non distribuía directamente contidos suxeitos a propiedade intelectual.

A Asociación de Internautas cualificou o ditame de "histórico", por recoñecer a legalidade das páxinas de ligazóns e das propias redes de intercambio de arquivos P2P. A entidade definiu a sentenza como "punto de partida para o futuro da internet no Estado Español".

O maxistrado alega que o sistema de ligazóns "constitúe a base mesma da internet" e que, ao non almacenar ningún dos arquivos, limítase a ofrecer a posibilidade de descargar a través da rede P2P, polo que determina que iso non supón "distribución, reprodución nin comunicación pública das obras protexidas". Así mesmo, engade que o administrador da web non recibe cantidade económica ningunha directa ou indirectamente polo servizo que ofrece.

O xuíz conclúe que a páxina web de ligazóns a redes P2P "non vulnera na actualidade os dereitos de explotación que lles confire aos autores a Lei de Propiedade Intelectual" e que o P2P, "como meras redes de transmisión de datos entre particulares usuarios de internet" tampouco vulnera ningún dereito protexido pola mesma lei.


5/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: