Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
No pazo da Ópera da Coruña

Cómicos galegos solidarízanse con Haití

As cantareiras de Ardebullo, Isabel Risco, Pepo Suevos, Roberto Vilar ou Rober Bodegas interveñen nunha gala presentada por Belén Regueira.

Redacción - 11:21 14/03/2010

O Pazo da Ópera da Coruña será escenario este domingo dun acto humorístico e asemade solidario. Cómicos do país intervirán nunha gala a prol do pobo de Haití, que estará presentada pola xornalista Belén Regueira.

A partir das 19:30 horas comezará Cómicos galegos por Haití, un espectáculo en que intervirán As cantareiras de Ardebullo, Danny Boy-Rivera, David Amor, Gari, Isabel Risco, Marta Lado, Miguel Lago, Oswaldo Digón, Pepo Suevos, Rober Bodegas e Roberto Vilar. Ademais, intervirá en directo unha banda de música.

O obxectivo da gala é recadar fondos para o labor que está a realizar Intermón Oxfam no país caribeño. De feito, a totalidade da recadación irá destinada á ONG. O prezo das entradas é de 10 euros.


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: