Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Nos micrófonos da Radio Galega

"O PSdeG está secuestrado por Gayoso", di o ex alcalde de Vigo

O ex rexedor vigués Carlos Príncipe aproveita unha intervención na Radio Galega para cargar contra o presidente de Caixanova.

Redacción - 12:05 08/03/2010
Carlos Príncipe, ex alcalde de Vigo

Carlos Príncipe, ex alcalde de Vigo

"Vostede acórdase de quen foron os anteriores presidentes de Caixanova (...) Manda Carallo na Habana", ironiza o ex alcalde de Vigo, Carlos Príncipe, na súa intervención na tertulia da Radio Galega do pasado venres. Na bitácora Cousas de Imeneo, e baixo o título 'Carlos Príncipe tira da manta', poden atopar o extracto coas reflexións do antigo alcalde de Vigo, especialmente crítico co actual presidente de Caixanova, Xulio Fernández Gayoso.

"O Partido Socialista está secuestrado por Gayoso", afirma Príncipe. Entre outros, o ex rexedor, logo de referirse aos cargos ocupados polos fillos do director xeral de Caixa Galicia, convida a afondar tamén nos vencellos empresariais dos fillos do presidente de Caixanova. "Se eu como alcalde de Vigo chego a meter a meus fillos no Concello, sácanme a leches", di, "isto é unha coña marinera, non pode a esquerda defender estes dous fulanos", zoupa o socialista en Méndez e Gayoso. "Aquí o único gilipollas que fala destas cousas neste país son eu, que non vivo da publicidade (...) o mellor que pode pasar co das caixas é que a xente decente estea nun lado e a non decente no outro (...) O Partido Socialista en Vigo está abducido polo señor Gayoso (...) leva once alcaldes e seis presidentes da Xunta (...) non hai en España ningunha institución financeira como estas dúas galegas (...) a culpa é da lei de caixas do PP no 85 e dos gobernos progresistas que non a tocaron (...) había que fusilalos a todos (...) vai haber negociete co Plan Moneo e Caixanova (...) se hai Caixanova para daquela, que se cadra é Caja Astur ou o que sexa (...) había que xulgalos (...) son xente que fixo de todo (...) ao lado destes Baltar é un fenómeno (...) deron creéditos absolutamente inxustificábeis e non a favor de Galiza".


4,58/5 (19 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: