Francisco Jorquera denuncia que o ente público silencia deliberadamente o traballo do Bloque no Congreso.
Instalacións da CRTVG en San Marcos
Que criterios segue a dirección de informativos da TVE á hora de peneirar a información parlamentaria? A pregunta chega ao Congreso da man do nacionalista Francisco Jorquera. O deputado do Bloque presentoulle unha batería de cuestións ao goberno español a respecto dunha posíbel censura.
Para os nacionalistas galegos é inconcebíbel que non houbese unha mínima reseña nos informativos da intervención de Jorquera o pasado 17 de febreiro, no debate sobre a situación económica estatal. Pola contra, no telediario houbo espazo para Coalición Canaria e Rosa Díez (UPyD). Jorquera lembra que a formación que representa ten case 50 mil votos máis que CC ou que o BNG conta con dous deputados fronte á única parlamentaria de UPyD.