Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Datos de 2008

As mortes superaron os nacementos en máis de seis mil persoas

Segundo datos do INE, Galiza tivo os datos máis negativos de crecemento vexetativo do Estado Español.

Redacción - 17:01 26/02/2010

Galiza rexistrou en 2008 o peor índice vexetativo do Estado Español, con 6.387 mortes máis ca nacementos, segundo datos da enquisa Movemento natural da poboación publicada polo INE. En concreto, no país rexistráronse 23.281 nacementos fronte a 29.668 defuncións, o que se traduce nun crecemento vexetativo negativo.

Segundo as táboas do INE, naceron máis homes ca mulleres: 11.981 fronte a 11.194. Producíronse 396 partos dobres e só sete triplos. Do total de nacementos rexistrados, un 7,75% foron de nais estranxeiras e concentráronse principalmente na metade oriental de Galiza, con taxas de arredor do 10%.


2,67/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: