Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Negociación en Madrid

Xunta e goberno español achegan posicións sobre a lei de caixas

Logo de catro horas de reunión, os representantes de ambas as dúas administracións prognostican un acordo posíbel "sen desvirtuar a lei".

Redacción - 23:30 16/02/2010

"Moderadamente optimista". Era a definición que a conselleira de Facenda, Marta Fernández Currás, facía este martes a última hora ao respecto da evolución das negociacións entre a delegación da Xunta e o goberno español ao respecto da lei de caixas de Galicia. Fernández Currás mesmo apuntou que o consenso entre as dúas administracións podería chegar non necesariamente a través da modificación da norma, senón incluso coa vía do que cualificou de "acordo interpretativo dalgún dos preceptos analizados".

Pola súa banda, o conselleiro de Presidencia, Afonso Rueda, indicou que na reunión deste martes non existiu ningún punto no diálogo "no que dixeramos que non hai posibilidade de acordo", e amosouse optimista ao respecto da nova xuntanza este mércores. Insistiu Rueda en que os apartados impugnados no texto galego "son similares ás doutras autonomías" nas que non se recorreu.

Por outro lado, en representación do goberno español, o secretario de Estado de Cooperación Territorial, Gaspar Zarrías, explicou que a negociación continuará durante o mércores en sesións de mañá e tarde co obxectivo de deseñar unha" redacción alternativa da lei autonómica" que permita ao Estado retirar o recurso, algo que, dixo esperar que "sexa posíbel".


3/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: