O grupo de folc galego Luar na Lubre conseguiu na noite do xoves dous Premios da Música: mellor álbume de novas músicas ("Cabo do mundo") e mellor canción en galego ("Chove en Santiago"). O gran triunfador da noite foi Joaquín Sabina, que conseguiu catro galardóns: mellor autor de pop, mellor artista pop, mellor canción e mellor álbume. Pola contra, a boimortesa Luz só obtivo un premio de catro: o mellor vídeo musical. A mellor canción en catalán foi a de María del Mar Bonet e en euskera para Fermin Muguruza.
.