Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Lugo

Cultura abre un concurso de ideas para construír o Museo da Romanización

Despois dun prazo de 60 días, outorgaránselles tres premios e dous accésits aos mellores proxectos de reforma do cuartel de San Fernando.

Redacción - 09:15 23/01/2010

A Consellaría de Cultura convocou un concurso de ideas para materializar o Centro de Interpretación e Museo de Romanización de Lugo, segundo se publica este xoves no DOG. A convocatoria seleccionará o anteproxecto para rehabilitar o cuartel de San Fernando, onde terá a súa sede o centro.

O concurso de propostas estará aberto até 60 días, até o 11 de marzo. De entre as candidaturas recibidas, outorgaranse tres premios, dos que o primeiro estará dotado con 50 mil euros, e dous accésits de 2.500 cada un.

A Rede Galega de Patrimonio Arqueolóxico, da que formará parte o centro lucense, está conformada, ademais, polo Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre, situado no concello de Campo Lameiro, o do Megalitismo na Costa da Morte e o de San Cibrao de Lás en Ourense.


1/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: