As redes sociais reflectiron en tempo real o que aconteceu na manifestación da man das persoas participantes.
A manifestación do xoves contou tamén con presenza de integrantes do blogomillo. Así, as bitácoras do país reflicten imaxes, vídeos e comentarios sobre o acontecido en Compostela na marcha contra o borrador do decreto da Xunta.
A instantaneidade que permiten as redes sociais, como Twitter, permitiu que moitas persoas fosen dando conta do que pasaba en tempo real. Así, buscando a etiqueta "#galego" podemos rescatar moitas desas mensaxes. Outro tanto podemos facer visitando a web de Latri.ca.
Velaquí unha escolma de ligazóns sobre a manifestación: