Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
FOLGA NO ENSINO

Concentracións programadas nalgunhas comarcas para este 21 de xaneiro

A Plataforma Queremos Galego informa de actos convocados este xoves alén da manifestación nacional.

Redacción - 11:30 21/01/2010

Convídase a participar a todas aquelas persoas que non teñan posibilidade de acudir á manifestación nacional que se celebrará na Alameda de Santiago de Compostela. Os actos confirmados son os seguintes:

-Ribadavia:concentración ás 9 da mañá diante do CPI Tomás de Lemos.
-O Carballiño: concentración ás 10.30 diante do IES Nº 1
-Verín: concentración na Praza do Concello ás 11 na Praza do Concello.
-Xinzo de Limia:concentración na Praza Maior ás 12
-Lugo: concentracións ás 11.30 e ás 20.15 diante do edificio administrativo da Xunta da Rolda da Muralla
-Vilalba: concentración ás 20h na Praza do Concello
-Ferrol: concentracións de 10 a 10.15 nos campus de Esteiro (diante da Vicerreitoría) e Serantes (diante da Politécnica)
-A Coruña: concentracións simultáneas de 10 a 10.15 nos campus de Riazor (diante de Mariña Civil), Oza (na porta da escola), INEF, Reitoría, Elviña (diante de Socioloxía) e A Zapateira (diante da ETSA de Arquitectura)
-Tamén a comunidade galega en Bruxelas secundará o chamado de Queremos Galego á mobilización en contra do decretazo contra o galego no ensino, cunha concentración ás 18.30 diante do Manekken Pis.


4,73/5 (15 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: