Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Incumprimento da lei

O Comité Cidadán de Emerxencia denuncia a entrada dun gaseiro que excede a capacidade máxima

O colectivo considera que a entrada do 'Ibérica Knutsen', aumentou o xa de por si "grave risco" para a cidadanía no contorno da ría de Ferrol.

Redacción - 11:35 17/01/2010

A entrada do gaseiro 'Ibérica Knutsen' na ría de Ferrol, acontecida esta fin de semana, orixinou que o coordinador do Comité Cidadán de Emerxencia (CCE), Manuel Rodríguez Carballeira, se achegase ao xulgado de garda para presentar denuncia polo incumprimento da normativa vixente.

Recordan desde o CCE que se trata dun buque con capacidade de 173 mil m3, e subliñan que o máximo permitido é de 140 mil m3, segundo estabelece a cláusula 2ª da Resolución da Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas, de 13 de febreiro de 2004, pola que se aprobou o proxecto de execución das instalacións da Planta de Recepción, Almacenamento e Regasificación de GNL, presentada por Reganosa. O CCE xa presentara solicitude ao Ministerio de Industria para que, previamente, impedise a entrada na ría deste buque. Agora, a denuncia é presentada directamente contra o capitán do buque 'Ibérica Knutsen', a Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas, a Autoridade Portuaria de Ferrol – San Cibrao e os promotores da planta de gas de Reganosa.


5/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: