Para esta semana convócase en Compostela o III Encontro de Bloggers Gastronómicos. Debate, intercambio de experiencias e aloumiños ao bandullo.
scrición no que será III Encontro de Bloggers Gastronómicos a través da web oficial do Fórum Gastronómico Santiago 2010. O evento será este venres 22 de xaneiro no recinto feiral de Amio e incluirá sesións de traballo e charlas sobre os diferentes xeitos de entender a comunicación sobre gastronomía en internet. Un eFórum chamado a ser espazo no que os escritores e editores de blogues gastronómicos poidan intercambiar e compartir experiencias.
Desde a organización recordan que o Fórum Gastronómico Santiago 2008 fora pioneiro á hora de atender á internet gastronómica e o mundo dos blogues, "que hai dous anos comezaban a gañar en influencia e visibilidade coma canle de información". Foi xustamente daquela cando os bitacoreiros deseñaron e aprobaron o chamado "Código Cociña", declaración de boas prácticas que conta xa con case 300 blogues adscritos.