 
Entende que debe ser "acollido, preservado, protexido e posto en valor ao servizo de Galiza".
A Comisión Executiva do Consello da Cultura Galega expresou a súa "preocupación" polo futuro do importante legado cultural recuperado e reunido durante anos por Isaac Díaz Pardo no Museo Carlos Maside, no Seminario de Sargadelos e no Seminario de Estudos Galegos.   
  Un legado que, segundo manifestou o Consello, constitúe "un quiñón esencial do patrimonio cultural colectivo de Galiza, fardel da nosa memoria histórica e prenda de transmisión de moitos dos nosos devanceiros á posteridade". 
  
A institución, encargada de defender e promover os valores culturais do noso pobo, entende que "todo ese legado debe ser acollido, preservado, protexido e posto en valor ao servizo de Galiza".   
  
Ao respecto, lamentou que non se concluíron as tarefas de ordenación e dixitalización do material conservado no Instituto Galego da Información, levadas a cabo ao abeiro dun convenio asinado co Consello e co Seminario de Estudos Galegos.   
  
Asemade, a Comisión Executiva expresou a súa "solidariedade" con Isaac Díaz Pardo e o "recoñecemento institucional a quen sen dúbida é unha figura senlleira da cultura galega".
 
						 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto