Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
TEMPORAL

Logo do frío e da neve, a semana estará marcada polo vento

Numerosas comarcas rexistraron temperaturas por baixo dos cero graos e a xeada volveu complicar o tráfico.

Redacción - 11:35 11/01/2010
Tags: frío neve

As provincias de Ourense e Lugo seguiron en alerta laranxa por mor das baixas temperaturas que chegaron ao longo deste domingo aos dez graos baixo cero nas zonas máis montañosas. Na Coruña e Pontevedra a alerta é amarela e as temperaturas máis baixas repetiranse nas comarcas do interior onde o termómetro andivo arredor dos catro graos baixo cero.

O principal problema logo destes días de neve está a ser o xeo que complica a circulación nas estradas secundarias. Porén, dende Meteogalicia confirman que as temperaturas comezarán a subir considerablemente nas vindeiras horas. De feito, para a xornada do luns agárdase que non haxa temperaturas baixo cero.

Mais o rigor do inverno vai continuar durante a semana. Os meteorólogos prognostican importantes precipitacións e fortes ventos a partir do vindeiro martes.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: