Cunha intensa campaña internáutica, os da Ría desembarcan na Nasa nunha nova e prometedoramente irreverente despedida. Vídeos no interior.
‘Caramba que guapa estás, Galicia’, ‘Chin, chin, chin, polo borrachín do pueblo’ ou ‘Infanta Elena’. Velaí algúns dos grandes éxitos dos cupletistas Arturito Puy (Carlos Meixide) e Fabián Santomé (Tomás Lijó), que na noite deste venres ameazan poñerlle punto e final a doce anos de traxectoria.
Unha noite especial na que Os da Ría estarán acompañados, como é habitual, polo seu grupo electróxeno: Suso Pián (Suso Alonso) aos teclados, Roque (Roi Fernández) ao baixo, e Ramón Reynolds (Ramón Rúa) á batería. Tamén outros personaxes que formaron parte da formación durante esta década de 'galeguidade musical’ como Xose (César Martínez ´Goldi´), Villablino (Xosé Expósito) ou Pepa Yáñez.
A cita ás 21h30 na Sala Nasa, en Santiago de Compostela.