Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Xornadas Ecolingua

"O galego é de todos"

O Instituto de Estudos Europeos e Autonómicos pon ao dispor dos internautas as gravacións íntegras en vídeo das conferencias celebradas en decembro.

Redacción - 13:00 08/01/2010
Margarita Ledo, Antón Reixa e Anxo Quintana na clausura de Ecolingua

Margarita Ledo, Antón Reixa e Anxo Quintana na clausura de Ecolingua

"Reitero como mensaxe principal que non se pode entender Galiza sen ter o seu idioma nai como referente absoluto, nin se pode entender por parte da nosa sociedade, a non existencia de consensos coa nosa cultura, como alicerce de desenvolvemento social, empresarial e vital", expoñía Rafael Cuíña, articulista de Vieiros. "Esiximos que a lingua galega, como lingua propia de Galicia, acade unha situación de oficialidade real e plena, sendo promovida a súa presenza en todos os ámbitos e situacións da sociedade, con especial promoción do seu uso naqueles ámbitos nos que se viu ate agora excluída: xustiza, empresa, medios de comunicación", afirmaba o escritor Xabier P.Docampo.

"O menor prestixio social do galego e a ruptura da súa transmisión xeracional fan que a intervención dos poderes públicos sexa imprescindíbel para mudar a situación", subliñaba Iolanda Veloso. "Co paso dos anos, na sociedade e nos centros educativos instalouse o convencemento de que había leis para cumprir e leis para figurar, entre as que se situaban as que afectaban á lingua", advertiu Mariló Candedo, de Nova Escola.

Estas e outras intervencións escoitáronse no I Simposium Internacional Ecolingua, celebrado en Vigo os días 17, 18 e 19 de decembro, organizado polo Instituto Galego de Estudos Europeos e Autonómicos. No espazo en liña Vimeo poden agora consultarse 23 vídeos onde se recollen todos os relatorios e debates de Ecolingua.


5/5 (10 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: