Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Alerta amarela

A neve chega a múltiples comarcas do país

MeteoGalicia advirte de neve por riba dos 300 metros e temperaturas que non acadarán cifras positivas na alta montaña.

Redacción - 18:03 07/01/2010

O país continuará o venres en alerta amarela por neve no centro e nas zonas altas do leste e por temperaturas mínimas inferiores aos seis graos baixo cero na alta montaña. Segundo o boletín meteorolóxico de MeteoGalicia, dependente da Consellaría de Medio Ambiente, espérase acumulación de neve de até dous centímetros na Mariña, no centro de Lugo e en zonas do Deza. A profundidade chegará aos 10 centímetros nas montañas orientais.

A cota de neve situarase en 300 metros, aínda que as precipitacións serán máis frecuentes pola mañá e canto máis ao norte do país. As temperaturas manteranse en valores fríos, con xeadas xeneralizadas e sensación de frío durante toda a xornada.

Última hora:


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: