Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Polémica sentenza

Un xuíz pon en dúbida a liberdade de prensa en internet

Condena á Cadena Ser por unha información publicada na web da emisora interpretando que "internet non é un medio de comunicación social en sentido estrito".

Redacción - 11:05 24/12/2009

"A protección constitucional ao dereito á información refírese aos medios de comunicación social, pero debe matizarse que internet non é un medio de comunicación social en sentido estrito, senón universal". Así o expresa a sorprendente sentenza dun xuíz madrileño ao respecto do caso aberto pola difusión, a través da rede e en xuño de 2003, dunha lista de presuntas afiliacións irregulares ao PP de Madrid.

Por este motivo, o xuíz condena o director da SER, Daniel Anido, e o director de informativos da mesma emisora, Rodolfo Irago, por "revelación de secretos", fixa para eles un ano e nove meses de prisión, estabelece unha multa de 18 mil euros, esixe o pago dunha indemnización de 130 mil euros e decreta a inhabilitación de ambos os dous para asumiren a dirección de medios ou o propio exercicio da profesión xornalística.

Desde a emisora anuncian a presentación dun recurso contra esta sentenza. "Causa perplexidade e supón un claro atentado contra os principios constitucionais da liberdade de expresión e información e constitúe un risco sen precedentes para o exercicio da profesión xornalística", láianse desde a Cadena Ser. Ao respecto, a Federación de Sindicatos de Periodistas lamenta a "desproporcionada" decisión xudicial e advirte que pon en "grave risco" o dereito á información e fixa un serio precedente ao respecto da "publicación de noticias nos medios de comunicación na rede".

A información na web da Cadena Ser: Condenados por informar.


Ligazóns

3/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: