Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
INFRAESTRUTURAS

O goberno español licita obras para o TAV ourensán por valor de 281 millóns

A partida servirá para acometer traballos nun treito de 22 quilómetros que transcorre por terras ourensáns.

Redacción - 14:02 11/12/2009

O consello de ministros aprobou este venres a licitación de obras en tres subtramos do treito Lubián-Ourense. En total destinaranse 281 millóns de euros para acometer os traballos nun tramo de 22 quilómetros (todos por terras ourensáns). Segundo o propio ministerio, o tramo é un dos máis complexos “xeográfica e tecnicamente” do Tren de Alta Velocidade.

O primeiro tramo licitado é o de Porto-Miamán. Con 6,5 km de lonxitudes pasa polos termos municipais de Vilar de Barrio e Baños de Molgas. O importe é de 102,8 millóns de euros. Outro dos trazados é o que xungue Ponte Ambía e Taboadela (Baños de Molgas, Xunqueira de Ambía, Paderne de Allariz, Allariz e Taboadela), ao que se destinan 93,9 millóns.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: