Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Lusofonía

Xestionado por Vieiros
RSS de Lusofonía
PODER ADQUISITIVO

Portugal fixa o seu salario mínimo para 2010 en 475 euros

Para apagar as críticas da patronal, o goberno de Sócrates anuncia unha rebaixa na contribición social que teñen que facer as empresas.

Redacción - 14:09 05/12/2009

O soldo mínimo legal en Portugal será a partir do vindeiro 1 de xaneiro de 475 euros, o que representa unha suba de 25 euros con respecto ao 2009.  O primeiro ministro, o socialista José Sócrates, afirma que este lixeiro incremento é un paso “no camiño da xustiza social”. Porén, logo das críticas da patronal, que considera inxustificado calquera aumento por mor da crise, o goberno portugués tamén acaba de anunciar unha rebaixa dun punto na contribución social que ten que facer a empresa.

O Ministério de Trabalho recoñeceu que un 7,4% dos operarios portugueses traballan a tempo completo tendo como ingreso único ese salario mínimo. Mais segundo os sindicatos, a cifra pode ser xa maior e as mulleres son o grupo máis castigado por estes baixos soldos.

No Estado Español o salario mínimo quedou establecido en 2009 en 624 euros ao mes. Segundo cifras da Unión Europea, Luxemburgo é o estado cun maior salario mínimo establecido en 1.610 euros. Na cabeza tamén está Irlanda (1.462), Holanda (1.357), Bélxica (1.336) e Francia (1.321). Os soldos mínimos máis baixos atópanse en Romanía e Bulgaria, con 137 e 112 euros respectivamente. En Alemania, Italia, Austria, Dinamarca, Suecia, Finlandia e Chipre o salario mínimo non está fixado por lei.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: