Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
MODIFICACIÓN PLANO GALEGO DE ACUICULTURA

A nosa costa nas mans das empresas

Adega denuncia que a Xunta prevé mudar o réxime de acceso á propiedade dos terreos adicados á explotación acuícola.

Redacción - 10:00 05/12/2009

Até o de agora, cando unha empresa recibía o visto bo para a explotación dunha planta acuícola na costa galega recibía os terreos en réxime de concesión temporal. Segundo denuncia o colectivo ecoloxista Adega, na modificación do Plano Galego de Acuicultura que está ultimando a Xunta de Galiza mudarase esta situación, de xeito que serán as empresas quen se encarguen de mercar os terreos. Mudarase así o réxime de acceso á propiedade, se ben "a administración seguirá tendo facultades para expropiar se así fose necesario", alertan.

Para Adega esta é "unha nova chafallada acuícola" que "pon en mans das empresas a nosa costa". Na práctica traducirase en que "se os veciños non queren vender ao prezo que lle marquen as empresas, a administración expropiarallas para cederllas a aquelas". Con todo, aseguran que o máis sorprendente é que modificación afecta ao Plano Acuícola do Goberno bipartito, nunha situación xurídica complexa. Recordan que o TSXG, na sentenza do contencioso de Touriñan, advertiu da súa nulidade por defecto de procedemento polo que se preguntan cal é deseño acuícola vixente e cuestionan a actitude de Núñez Feijoo.


5/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: