Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Intimidade 2.0

Un ano de cadea por publicar nunha rede social fotos da ex-moza espida

O acusado, de 26 anos, fixo públicas as imaxes "movido polo despeito". Non se poderá achegar á muller durante dous anos.

Redacción - 13:00 01/12/2009

Nas redes sociais non existe a impunidade. Iso é o que pretende demostrar unha sentenza dun xulgado de Santander que condenou a un ano de cadea un home que publicou fotografías da súa ex-moza espida nunha páxina aberta da rede social Tuenti.

O acusado, de 26 anos, realizara as 14 fotografías nunha "cita íntima" coa muller, coa que mantivo unha relación de 11 meses. Cando romperon a relación, no verán de 2009, pendurou sen autorización as imaxes "movido polo despeito". A sentenza non precisa o tempo que as imaxes estiveron dispoñíbeis na internet nin as persoas que as viron. Ademais, nas fotografías non se lle vía a cara á vítima.

A xuíza considera que os feitos constitúen un delito de revelación de segredos e dunha falta de ameazas, polo que condena o acusado a un ano de prisión, a cinco días de localización permanente e a un afastamento de 300 metros da vítima, do seu domicilio ou do seu lugar de traballo durante dous anos. Non obstante, non terá que ingresar na cadea se non volve cometer un delito en dous anos.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: