Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Logo da conferencia do ex presidente

Rueda convida a Pachi Vázquez a aplicar a análise de Touriño e repensar os pactos co BNG

O secretario xeral do PPdeG insistiu en que o PSdeG "segue nos brazos dos nacionalistas".

Europa Press - 10:05 30/11/2009

O secretario xeral do PPdeG, Afonso Rueda, instou este domingo o secretario xeral do PSdeG, Manuel Vázquez, a romper "de inmediato" todos os seus pactos de goberno co BNG nos concellos e nas deputacións de Lugo e A Coruña.

Nun comunicado advertiu que, de non ser así, o líder dos socialistas debería manifestar publicamente "que discrepa" das palabras pronunciadas esta semana polo ex titular da Xunta e ex líder do PSOE en Galiza, Emilio Pérez Touriño, quen, nunha conferencia, acusou a formación frentista de crear redes clientelares dende a Xunta. "O secretario xeral do PSOE debe decidir se corrixe o home ao que sucedeu no cargo ou reafirma as súas palabras", aseverou, tras o que subliñou o feito de que Touriño "é deputado do Grupo Parlamentario que dirixe Vázquez, e foi ademais o principal referente do socialismo en Galiza durante varios anos".

"Avalar ou condenar" o BNG
Nesta mesma liña, fixo fincapé en que Vázquez "debe decidir xa que camiño escolle e que tipo de PSOE quere decidir". "As prácticas denunciadas por Touriño son certas e evidentes, e polo tanto só existen dous camiños: avalalas ou condenalas", sentenciou.

Por último, e tras esperar que o líder dos socialistas galegos "opte polo segundo", considerou que "volverá errar unha vez máis". "Segue nos brazos dos nacionalistas e iso confírmano os pactos de goberno recentemente subscritos, como o do seu feudo d'O Carballiño ou o de Porto do Son", concluíu Rueda.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: