Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
pola súa defensa do desenvolvemento sostible

Amigos da Terra manifesta o seu apoio ao alcalde de A Veiga

Co motivo  das novas aparecidas nos últimos días nos medios de comunicación, sobre a moción de censura que se vai presentar o vindeiro venres 27 no Concello de A Veiga, contra o actual alcalde por “ecoloxista radical”, ao substituír unha feira de caza por unha festa gastronómica ou non estar de acordo co proxecto da estación de esquí de Peña Trevinca, entre outros.

Amigos da Terra - 10:28 23/11/2009

Dende Amigos da Terra mostramos o noso apoio a Fernando Fernández por defender un desenvolvemento sostible, capaz de conxugar os intereses de A Veiga co respecto ao medio ambiente.

Así mesmo, queremos manifestar que nos resulta especialmente preocupante que a norma siga sendo ver como os concellos en xeral esnaquizan o seu patrimonio natural, e nos resulta excepcional atopar un alcalde como Fernando Fernández, que defenda auténticas políticas de sustentabilidade no seu termo municipal.

Para nós, resulta especialmente revelador ver como ao alcalde de A Veiga, que simplemente actúa consecuentemente co principio de precaución en materia de medio ambiente e prima a calidade de vida a longo prazo antes que a depredación cortoplacista, se lle denomine “ecoloxista radical”. E o que aínda é máis revelador, que ese cualificativo se utilice como acusación e insulto, e que sirva ademais para presentar unha moción de censura.

Dende Amigos da Terra, apoiamos ao actual alcalde de A Veiga, e animámoslle a continuar coas súas políticas de respecto medioambiental nunha comarca, que conta cunha riqueza natural incomparable e que posúe un dos lugares de maior valor natural da Comunidade Autónoma de Galicia: O Teixadal; ademais de gozar xa de figuras de protección como a Rede Natura 2000, Lugar de Interese Comunitario (LIC), Zona de Especial Protección dos Valores Naturais (ZEPVN) ou Zona de Especial Protección de Aves (ZEPA).


Por outra banda, recordámoslles ao resto da corporación, que ó problema non é que Fernando Fernández se pase de ecoloxista, o auténtico problema é que o resto, quédanse moi curtos.


4/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: