Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ENTRE AS ECONOMÍAS AVANZADAS

Portugal, quinto país do mundo coas maiores diferenzas entre ricos e pobres

O listado, que atende a criterios das Nacións Unidas, sitúa entre os países máis desiguais a Hong Kong, Singapur, Estados Unidos, Israel e Portugal.

Redacción - 11:35 12/11/2009

Un informe elaborado polo Programa de Desenvolvemento das Nacións Unidas (UNDP, nas súas siglas en inglés) sitúa a Hong Kong, Singapur, Estados Unidos, Israel e Portugal como os cinco países, por esa orde, nos que se rexistran máis desigualdades sociais.

Este organismo elabora un listado atendendo a unha serie de factores económicos, nomeadamente o coñecido como Coeficiente de Gini. Segundo publica o xornal Business Week, de entre as economías consideradas máis avanzadas, os once países máis desiguais do mundo son os seguintes:

1.- Hong Kong
Puntuación de Gini: 43,4 (o número 0 marca a igualdade absoluta e o 100 a desigualdade absoluta).
PIB (2007): 207,2 mil millóns de dólares.
Proporción dos ingresos ou gastos (%)
10% máis pobre: 2,0
10% máis ricos: 34,9
Proporción de ingresos ou gastos: 17,8

2.- Singapur
Puntuación de Gini: 42,5
PIB (2007): 161,3 mil millóns de dólares.
Proporción dos ingresos ou gastos (%)
10% máis pobre: 1,9
10% máis ricos: 32,8
Proporción de ingresos ou gastos: 17,7

3.- Estados Unidos
Puntuación de Gini: 40,8
PIB (2007): 13,751.4 mil millóns de dólares.
Proporción dos ingresos ou gastos (%)
10% máis pobre: 1,9
10% máis ricos: 29,9
Proporción de ingresos ou gastos: 15,9

3.- Israel
Puntuación de Gini: 39,2
PIB (2007): 164,0 mil millóns de dólares.
Proporción dos ingresos ou gastos (%)
10% máis pobre: 2,1
10% máis ricos: 28,8
Proporción de ingresos ou gastos: 13,4

5.- Portugal
Puntuación de Gini: 38,5
PIB (2007): 222,8 mil millóns de dólares.
Proporción dos ingresos ou gastos (%)
10% máis pobre: 2,0
10% máis ricos: 29,8
Proporción de ingresos ou gastos: 15,0

Completan o listado, por esta orde, Nova Zelandia, Italia, Gran Bretaña, Australia, Irlanda e Grecia.


Ligazóns

3/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Portugal tería unha puntuación de Gini de 38,5 (cando o 100 indica desigualdade absoluta e o 0 igualdade)
Portugal tería unha puntuación de Gini de 38,5 (cando o 100 indica desigualdade absoluta e o 0 igualdade)
Os Estados Unidos ocuparían o terceiro lugar de entre as economías avanzadas máis desiguais
Os Estados Unidos ocuparían o terceiro lugar de entre as economías avanzadas máis desiguais