Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Iniciativa de A Ría Non se Vende

Recurso contencioso-administrativo contra as ampliacións dos peiraos vigueses

A plataforma cidadá aproveita a recente sentenza do Tribunal Supremo sobre os recheos en Marín para insistir contra as ampliacións de Bouzas, Areal e Transatlánticos.

Redacción - 10:25 11/11/2009

As resolucións da Autoridade Portuaria de Vigo que tratan de autorizar os proxectos de ampliación dos peiraos de Bouzas, Areal e Transatlánticos serán obxecto de recursos contencioso-administrativos, segundo anunciou este martes a plataforma cidadá A Ría Non se Vende. Ás portas da manifestación convocada para o sábado 14 contra estas obras, a rede de colectivos mantén así activa a súa loita.

Esta iniciativa aproveita ademais os novos fundamentos xurídicos que xorden da sentenza do Tribunal Supremo que declarou ilegais as obras de recheo que se realizaron no porto de Marín. Segundo destacan desde a plataforma, este precedente deixa claro que no caso do porto de Vigo é evidente a inexistencia dun Plan de Utilización dos Espazos Portuarios da Zona de Servizo do Porto, "polo tanto resulta obvio que todas as obras que se pretenden levar a cabo son ilegais". E de seguir adiante con elas, advírtenlle aos responsábeis do porto, nomeadamente á presidenta da Autoridade Portuaria, Corina Porro, "estarían incorrendo nun delito de prevaricación".


5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: