Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ESTÁ SER XULGADO POR UN DELITO ECOLÓXICO

O propietario de Leite Río asegura que hai un garda civil que lle colleu manía

Jesús Lence sorprendeu este xoves aos xornalistas asegurando que se sente "perseguido" dende hai anos por un axente do Seprona.

Redacción - 18:02 05/11/2009
Tags: Lence xuízo

O empresario lugués Jesús Lence cre que é vítima dunha conspiración. O dono da maior factoría láctea do país asegura “sentirse perseguido” polo Servizo de Protección da Natureza (Seprona) e, máis en concreto, por un dos gardas civís deste departamento. As declaracións teñen lugar despois de este mércores tivese que volver pasar polo xulgado por un presunto delito ecolóxico. A Fiscalía solicita para el tres anos de cadea e unha sanción de 160 mil euros. O caso ten que ver cunha morte masiva de troitas que estaría relacionado coa actividade industrial dunha súa planta en Láncara.

“Eu estou completamente convencido, e así llo dixen ao xuíz, de que hai un axente que nos ten teima e que debe ser porque nos anos 90 gañamos un xuízo onde el tamén era axente instrutor”. Lence sostén que nos últimos trinta anos houbo catro denuncias contra el e que todas foron instruídas “polo mesmo señor”.


2/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: