Os nacionalistas lembran que as oficinas comarcais son moi importantes para complementar os servizos existentes e darlle apoio a concellos que non contan con eles.
Os deputados nacionalistas Carlos Aymerich e Ana Pontón pedíronlle este martes ao Goberno que manteña en funcionamento todos os equipos das oficinas de Igualdade e Benestar. Lembran que as contas provisionais de 2010 non contemplan partidas para o mantemento de Igualdade e de Apoio ás familias. Dende o Bloque sosteñen que a desaparición destes equipos suporían un grave paso atrás en materia social xa que estes equipos están complementando as carencias de servizos de moitos pequenos muncipios rurais.
O BNG tamén considera “especialmente grave” as declaracións de López Abella e subliña que quedou probado a existencia de procesos de selección de persoal transparentes.