Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
IGUALDADE E BENESTAR: MOBILIZACIÓNS CIBERNÉTICAS

O pulso entre o Goberno e as oficinas de I+B trasládase á rede

Traballadoras dos equipos comarcais empapelaron a oficina central do Consorcio pedindo que se aclare o seu futuro. O executivo, que segue dando evasivas, ordeou a súa retirada inmediata.

Redacción - 11:40 03/11/2009
Tags: futuro I+B
Traballadores de I+B logo da pega de carteis

Traballadores de I+B logo da pega de carteis

Pouco despois das 18 horas deste luns, varias ducias de traballadores das oficinas I+B concentrábanse diante dos servizos centrais do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar (Compostela). Unha hora despois, armados con pancartas e cintas adhesivas, empapelaron o edificio administrativo con lemas que pedían a rectificación da secretaria xeral de Familia e Benestar, Susana López Abella, e solicitaban que se lles aclarase o seu futuro. Nas fiestras podíanse ver as fotocopias das convocatorias públicas de emprego que desminten as acusacións de “enchufismo” que causaron tanta polémica.

A celeridade con que os cargos políticos ordearon a retirada dos carteis contrasta coas semanas de evasivas á hora de poñer enriba da mesa o futuro dos traballadores. Ás dez da noite, tres horas despois de que acabase a pegada, dous operarios dunha empresa de limpeza de Ames procedían a retirar as fotocopias do DOG e os carteis que demandaban unha rectificación de López Abella.

Mentres, as mobilizacións continúan nas oficinas I+B. Ademais das accións xudiciais contra a secretaria xeral, á que acusan de difamación, que emprendeu a CIG, a batalla dos equipos comarcais tamén se dá con especial intensidade na rede: vídeos en youtube ou un grupo de apoio en facebook, que xa conta con máis de 400 simpatizantes forman parte do pulso entre traballadores e Goberno.


5/5 (19 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Vídeo exixindo a rectificación da secretaria xeral de Familia e Benestar

Dez días despois das polémicas declaracións e, pese ás peticións e evidencias, López Abella non rectifica publicamente
Dez días despois das polémicas declaracións e, pese ás peticións e evidencias, López Abella non rectifica publicamente