Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ESTA FIN DE SEMANA

Galiza Nova: unha asemblea entre a mudanza e a continuidade

Noa Presas (Proposta Militante), Inhigo Asótegui (Entre tod@s, Galiza Nova) e Iria Aboi (Alternativa Xuvenil pola Unidade) pugnan polo control da Dirección Nacional da formación.

Redacción - 12:30 24/10/2009

Galiza Nova, a organización xuvenil do Bng, celebra esta fin de semana en Compostela a súa XI Asemblea Nacional coa vista posta na necesidade de acadar un grupo cohesionado que faga fronte ao PPdeG. Tal e como adiantara Vieiros hai xa máis dun mes, serán tres as candidaturas que loiten por facerse coa Dirección Nacional, logo de que non callasen as negociacións para a presentación dunha única opción.

Quen é quen
A primeira das candidaturas en presentarse foi a de "Proposta Militante" (nucleada arredor de Isca) e encabezada pola ourensá Noa Presas Bergantiños. No seu decálogo piden máis pluralidade interna, máis acento na mensaxe nacionalista e de esquerdas e maior autonomía da organización ao respecto do Bng.

A segunda das opcións é a de "Entre tod@s, Galiza Nova" (impulsada por Máis BNG), liderada por Ínhigo Asotegi Soares. Este colectivo considera que as mocidades do Bng están pechadas en si mesmas e "nas antípodas da mocidade", polo que aposta por deixar atrás a "esa Galiza Nova dividida, denortada e desmobilizada".

Finalmente, preséntase "Alternativa Xuvenil pola Unidade" (apoiada pola UMG) encabezada pola actual secretaria xeral da organización Iria Aboi Ferradás. Logo de dous anos de responsabilidade na organización, aspira a repetir avalada polo traballo feito e defende que Galiza Nova é a organización xuvenil máis activa a nivel social.

Traballo pola unidade
Á espera do que aconteza ao remate da Asemblea este domingo, todo apunta a que a lista apoiada pola UMG recunque no liderado da organización xuvenil e que Iria Aboi repetirá no seu cargo. Porén, queda aínda por ver como se desenvolverán os acontecementos e cales serán os apoios recibidos polas diferentes formacións.

Sexa como for, hai unanimidade na pretensión de que deste proceso saia unha Galiza Nova reforzada e cohesionada para facer fronte con máis forza e contundencia ás políticas impulsadas polo PPdeG, agora no goberno.

Velaquí as listas definitivas das diferentes candidaturas:

CANDIDATURA DA PROPOSTA MILITANTE
1. Noa Presas Bergantiños
2. Laura Arjonilla Cristóbal
3. Breixo Lousada Valdés
4. Francisco Cortez. Lobão Sineiro
5. Antía Fernández Miraz
6. Laura Rodríguez Pena
7. Tirso Fernández Rodríguez
8. Macías López Iglesias
9. Vítor Pérez Bugarín
10. Sila Cela Ferreiro
11. Roi López Carmona
12. Rubén Guerra Domínguez
13. Pedro Ortueta Bermejo
14. Olalla Conde Seoane
15. Antón Castro Ferreiro
16. Nuria Fernández Iglesias
17. Anxo Sánchez García
18. Luis Miguel Borrajo Gutiérrez
19. Xulio Fernández Carnero
20. Adelaida Vidal Vizcaia
21. Iria Cobaleda Couto
22. Xulio Paramos Vicente
23. Alba García Golmar
24. Luis Enrique Yáñez Estévez
25. Xosé Emilio Vicente Caneda

CANDIDATURA DE ENTRE TOD@AS, GALIZA NOVA
1. Inhigo Ansotegi Soares
2. Rocio Sampaio David
3. Paulo Carlos López López
4. Anxo Sánchez Tallón
5. Balbina Gándara Antelo
6. Estevo Sánchez Gálvez
7. Natalia Cancela Vázquez
8. Miguel Rei Tarrío
9. Brais Fernández Preto
10. Jessica Fernández Polo
11. Afonso Rodríguez Udias
12. Silvia Muíño Naveira
13. Paulo Martínez Lopez
14. Sara Torreiro Rodríguez
15. Pablo Belay Fernández
16. David Álvarez López
17. Cristina Santos Díaz
18. Adrián Romay Lorenzo
19. Iván Paz Taboada
20. Paula Turnes Quintáns
21. Roberto Pardal Coca
22. Nieves Suárez Martínez
23. Anxo Meizoso Permui
24. Vitor Vicente Díaz
25. Lorena Fernández Calvar

CANDIDATURA DA ALTERNATIVA XUVENIL POLA UNIDADE
1. Iria Aboi Ferradás
2. Iago Varela Martínez
3. Alba Feixóo López
4. Gael González Beira
5. Lucía López Sobrado
6. Denís Bermúdez Delgado
7. María Vilaronga Chazo
8. Alberte Mera García
9. Iria Fernández Silva
10. Henrique del Río Outeiro
11. Cristina Alonso Salgado
12. Roi García Camba
13. Avia González Beira
14. Armando Carril Casanova
15. Raquel González Ferrón
16. Iago Gómez Salgado
17. Inma García Escourido
18. Pablo Santomé Souto
19. Silvana María Castro García
20. Bernardo Fraga Galdo
21. Andrea Martínez Fernández
22. Diego Lourenzo Moura
13. Lucía Martínez González
24. Raúl León Romero
25. Noa Fernández Gómez


3,75/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Noa Presas (na foto xunto a Rafa Villar), encabeza a candidatura de Proposta Militante
Noa Presas (na foto xunto a Rafa Villar), encabeza a candidatura de Proposta Militante
Ínhigo Asotegi preséntase por Entre tod@s, Galiza Nova
Ínhigo Asotegi preséntase por Entre tod@s, Galiza Nova
Iria Aboi, actual secretaria xeral, preséntase por Alternativa Xuvenil pola Unidade
Iria Aboi, actual secretaria xeral, preséntase por Alternativa Xuvenil pola Unidade